Mantente ao tanto das nosas novidades a través do noso blog


Os diferentes organismos públicos convocan subvencións e axudas co obxectivo de financiar diferentes inversións e actividades. As veces a falta de tempo ou de información fan que estas axudas non se soliciten.

Andaravío ofrece un servizo de Consultoría, onde ofrecemos información sobre diferentes subvencións e xestionamos a súa presentación e posterior tramitación e xustificación



O servizo de Consultoría de Andaravío inclúe:

  • Deseño do proxecto previo: Nesta fase faise un estudio das necesidades da persoa ou entidade que vai a ser solicitante da subvención valorando o cumprimento dos criterios recollidos na convocatoria e establecendo as prioridades e accións que se van presentar na memoria de solicitude.

  • Elaboración de memorias e organización da documentación: Nesta etapa se elabora a memoria técnica que se vai presentar, tendo en conta os fins da entidade e as accións a desenvolver. Realizase tamén unha recompilación da documentacións que será preciso presentar.

  • Presentación e seguemento dos expedientes presentados: Unha vez elaborada a memoria técnica e organizada a documentación, preséntase a solicitude de subvención respondendo se fixera falla, aos requerimentos que se fagan para a concesión da mesma.

  • Documentación xustificativa : Unha vez aprobada a subvención e desenvoltas as accións obxecto da mesma, Andaravío presentará a memoría das accións realizadas, así como a documentación que sexa precisa para a xustificación da subvención concedida.


As subvencións que tramitamos dende Andaravío, son aquelas relacionadas cos seguintes temas ou ámbitos:

  • Infancia e Xuventude

  • Cultura e Educación

  • Novas tecnoloxías

  • Medio Ambiente


Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013