Mantente ao tanto das nosas novidades a través do noso blog


Andaravío organiza e deseña eventos, actos e animacións para entidades e particulares. A nosa oferta vai dirixida a todo tipo de público, independentemente da súa idade posto que organizamos e deseñamos eventos de diferente tipoloxía: lúdicos, festivos, educativos...

Dende Andaravío temos en conta os seus intereses ofrecéndolle se así o precisa, o noso asesoramento e deseñando unha proposta acorde á súa idea.


O ámbito da animación e eventos abrangue unha ampla variedade de actividades e accións, entre as que sinalamos as seguintes:

  • ANIVERSARIOS, COMUNIÓNS E FESTAS PRIVADAS: Organizamos festas e animacións para celebracións e eventos privados (aniversarios, comunións, bodas...) Contamos cunha amplia gama de recursos: discoteca móbil con e sin DJ, máquina de fume, proxector, karaoke...

  • GIMKANAS: Son conxuntos de actividades de caracter lúdico cuia finalidade é que as persoas participantes superen un número determinante de probar. Polo xeral, adoitan desenvolverse ao longo dun día e poden ter diferente caracter:

    • Temáticas. As actividades e probas xirarán en torno a un tema concreto, como por exemplo os piratas, o medievo, ou a era romana...

    • Educativas. onde se traballan contidos relevantes para a formación de nenos e nenas pero de xeito lúdico e creativo. Neste apartado destacamos as seguintes gimkanas: educación vial, igualdade ou respeto e coidado do medio.

    • Lúdicas. A súa finalidade é o desfrute do ocio e do tempo libre, e poden incluir entre outros: xogos tradicionais, de habilidade ou deportes variados

  • COMPETICIÓNS DEPORTIVAS: Organizamos e levamos a cabo actividades dirixidas a fomentar o deporte, como por exemplo: campionatos e ligas deportivas, maratóns ou torneos.

  • FESTAS DE FIN DE CURSO:Organizamos e desenvolvemos divertidas festas de fin de curso. As nosas celebracións inclúen xogos cooperativos, música, karaoke...

  • Educación vial
  • Educación ambiental
  • Carrera de sacos
  • Fiesta
  • Gimkana
  • futbol

Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013