Mantente ao tanto das nosas novidades a través do noso blog


O noso traballo vai dirixido a todas as persoas ou entidades que apostan pola realización de accións de calidade, ben sexa Administracións Públicas, Entidades Privadas ou Terceiro Sector.

Andaravío aposta por unha participación activa e dinámica coa finalidade de obter os mellores resultados, por iso as nosas propostas son altamente personalizadas e flexibles, centradas nas características particulares das persoas e/ou colectivos destinatarios.

Entre as institucións e colectivos cos que traballamos sinalamos:

  • Centros Escolares: Institucións Educativas de calquer tipo (CEIP, CEI, CEE…) interesadas en desenvolver programas divulgativos ou de prevención ben sexa co alumnado (nenos/as, adolescentes ou profesionais do ámbito educativo) así como con nais e pais a traves das ANPAS.

  • Concellos: Principalmente traballamos coas Concellerias de Servizos Sociais (muller, terceira idade, risco de exclusión social…) Educación, Mocidade ou Xuventude, Benestar…

  • Asociacións: Deseñamos accións para diferentes asociacións, fundamentalmente aquelas relacionadas co ámbito educativo, cultural e/ou social.

  • Particulares: Organizamos diferentes accións dirixidas a persoas particulares interesadas nas temáticas propostas.


Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013