Mantente ao tanto das nosas novidades a través do noso blog


A cultura engloba numerosas actividades relacionadas coa creatividade e as diversas formas de expresala. Este ámbito de traballo inclúe o desenvolvemento de diferentes accións dirixidas a achegar a cultura ao maior número de persoas.



Dentro deste área de traballo levamos a cabo as seguintes accións:

  • Xestion Cultural: Organizamos e desenvolvemos os programas de actividades daqueles Entidades e Centros nos que se realizan actividades relacionadas coa cultura: Centros cívicos, Centros Socioculturais, Casas da Cultura...


  • Actividades de Animación á lectura: A lectura permite, entre outras moitas cousas, abrir unha porta áimaxinación. Andaravío desenvolve diferentes actividades dirixidas a promover a lectura como unha alternativa de ocio.

    • Contacontos

    • Dinamización de bibliotecas

    • Clubes de lectura

  • Recuperación de xogos tradicionais: A ra, a estornela ou a billarda son xogos tradicionais galegos que forman parte do noso patrimonio inmaterial. Para mantelos vivos, nada mellor que realizar unhas xornadas acerca destes xogos incluíndo obradoiros, competicións....



  • Festas e tradicións: Galicia conta cun tradicional calendario de festas que marcaba as estacións e o paso dunha a outra así como os eventos importante do ano: San Xoan, Os Maios, o Samaín.... Dentro deste ámbito de traballo pretendemos recuperar as tradicións, cancións e hábitos dos nosos avós e avoas.


Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013