Dende esta Área pretendemos colaborar de xeito efectivo coa consecución dunha educación integral en colaboración cos centros de educación infantil, primaria e secundaria.
Deseñamos, xestionamos e desenvolvemos os plans de mellora e extensión dos servizos educativos en centros docentes en estreita colaboración con estes e coas distintas organizacións que integran a vida escolar, para así poder axustar os nosos servizos ás necesidades socioeducativas dos alumnos e alumnas de de cada centro.
Estes servizos supoñen ademais unha alternativa de conciliación entre a vida laboral e persoal dos cidadáns, ofrecendo unha ampliación de horarios para aquelas familias que teñen dificultades para compatibilizar as súas obrigas laborais co ocio dos seus fillos.
AMPLIACIÓN HORARIA:Os servizos de conciliación da vida familiar é laboral son cada vez máis demandados por nais e pais. Andaravío xestiona na actualidade os seguintes:
Os primeiros do cole: Servizo lúdico educativo con ou sen servizo de almorzo a desenvolver previamente ao inicio das actividades lectivas dirixido a aquelas familias que precisan deixar aos cativos/as no centro antes do inicio da xornada escolar.
Tardes divertidas: Tanto naqueles centros con xornada continua como nos que precisen ampliar o horario polas tardes. Desenvolveranse diferentes actividades de carácter lúdico-educativo, con ou sen servizo de merenda.
Dinamización de comedores: O tempo de descanso de despois de comer pode convertirse nunha oportunidade estupenda para desfrutar a través da realización de actividades e xogos dirixidos que promovan a interacción e as relacións entre iguais.
Días sen cole: Para aqueles días que non son festivos pero nos que os nenos e nenas non teñen colexio propoñemos días temáticos, actividades lúdicas, grandes xogos e alternativas de ocio e lecer que faciliten a conciliación laboral e familiar de nais e pais.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Clasificamos as actividades extraescolares nas seguintes áreas de actuación:
Área de desenvolvemento físico: Incluímos aquí aquelas actividades deportivas que teñen como finalidade desenvolver as capacidades psicomotrices, de coordinación, ao tempo que fomentan hábitos de vida saudables e o coñecemento do propio corpo e das súas posibilidades.
Área de expresión artística: Agrupamos neste epígrafe as actividades dirixidas a desenvolver as capacidades de expresión de emocións e o fomento da creatividade a través da música, as dramatizacións, as manualidades ou calquer outra disciplina artística que potencie o desenvolvemento social e persoal dos nenos e nenas.
Área de formación e apoio: Comprende as actividades de carácter máis académico que fomentan experiencias positivas e de éxito relacionadas co ámbito educativo reforzando deste xeito as habilidades relacionadas co estudo.
ESCOLAS DE NAIS E PAIS: A través das Escolas de Nais e Pais preténdese crear espazos de reflexión sobre situacións cotias que preocupes ou interesen aos participantes, analizando as diferentes etapas polas que pasan as nais e os pais na crianza dos seus fillos e fillas. Ademáis dotarase aos asistentes de recursos e habilidades prácticas que promovan o desenvolvento integral dos seus fillos e fillas a través de grupos participativos.
Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013