Mantente ao tanto das nosas novidades a través do noso blog


Constituida en 2.012 Andaravío é unha empresa adicada á xestión de actividades educativas e socioculturais que conxuga nos seus proxectos diversos ámbitos de traballo, entre os que sinalamos: o social, o cultural e o educativo para dar lugar a propostas cun caracter integrador, innovador e transversal que permitan respostar ás diferentes demandas e necesidades dos colectivos que conforman a sociedade actual.

As persoas que día a día traballamos para darlle continuidade a esta andadura somos:

  • Moisés Martínez Candia: Diplomado en Administración e Dirección de Empresas. Xerente.

  • Ángela Fraga María: Diplomada en Educación Social. Licenciada en Pedagoxía e Monitora de Ocio e Tempo Libre. Técnica de proxectos.

  • Lara Real Lema: Psicóloga Social. Especialista en Mediación Familiar e Socioeducativa. Máster en Dificultades da Aprendizaxe. Técnica de proxectos.


Así mesmo, contamos cun nutrido grupo de persoas formadas en diversas disciplinas e ámbitos de actuación, que colaboran conxuntamente con nós na organización e desenvolvemento das diferentes accións, o que nos permite ofrecer un variado e diverso número de actividades.


Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013