Mantente ao tanto das nosas novidades a través do noso blog


Os campamentos supoñen unha boa opción para ocupar o período das vacacións de verán dun xeito divertido. Andaravío organiza e desenvolve diversas tipoloxías de campamentos coa finalidade de adaptarse ás necesidades das persoas participantes e das súas familias.



Os tipos de campamentos que organiza e desenvolve Andaravío están clasificados da seguinte forma:

  • CAMPAMENTOS URBÁNS: Os campamentos urbanos están dirixidos a favorecer a conciliación familiar e laboral nos períodos non lectivos a través da realización de diferentes actividades. Estes campamentos permiten realizar diversas actividades promovendo o contacto co grupo de iguais e o divertimento dentro dun entorno lúdico. Organizamos campamentos urbáns de Nadal, Entroido, Semana Santa, Verán….


  • CAMPAMENTOS TEMÁTICOS: Os campamentos poderán ter unha temática específica que o faga máis atraínte para os participantes. Así a nosa oferta neste apartado inclúe:


    • Campamentos de teatro

    • Campamentos de idiomas (inglés)

    • Campamentos musicais

    • Campamentos de maxia

  • CAMPAMENTOS DE VERÁN: Os campamentos de verán posibilitan a creación dun espazo de educación, intercambio e experiencia fundamental no desenvolvemento de nenos/as e adolescentes. Mediante unha axeitada programación de actividades lúdicas que promoven a educación en valores permítese ofrecer unha alternativa lúdica e saudable para o seu tempo libre, complementaria da educación formal. Estes campamentos inclúen:

    • Actividades na natureza: marchas e sendeirismo, obradoiros de natureza, rastrexo e orientación, observación de fauna e flora.

    • Actividades de ocio e socialización: deportes alternativos, festas, xogos cooperativos, xogos de simulación, excursións, traballo en pequenos grupos...

    • Actividades de creación e expresión:obradoiros de manualidades (papiroflexia, colares, pulseiras, caretas, monicreques, botellas de sal...), teatro.

    • Actividades nocturnas: lume de campamento, veladas, noite de contos, observación de estrelas, festa de despedida.

    • Excursións: visita ás cidades próximas, realizando unha excursión polos seus valores monumentais dun xeito lúdico e divertido.

  • campamento
  • campamento
  • campamento
  • campamento
  • campamento
  • campamento
  • campamento
  • campamento

Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013