Na actualidade a formación contínua permitenos estar actualizados/as e avanzar cara as nosas metas personais ou de desenvolvemento laboral. A formación é un valor engadido para calquer entidade que queira manter uns niveis de servizo óptimos e actualizados.
Os profesionais presente e futuros, do mundo do social necesitan unha oferta formativa que lles permita unha aprendizaxe e actualización constante naqueles temas que, pola súa actualidade ou importancia, son necesarios para o traballo diario.
A nosa proposta formativa vai máis alá da impartición de accións formativas concretas, pretendendo ser un servizo integral de formación que atenda aos requerimentos dos nosos usuarios e usuarias.
Na actualidade, o noso servizo de formación engloba as seguintes accións:
- Formación presencial: Monográficos: Consisten en cursos de entre 8 e 16 horas de duración desenvoltos xeralmente durante a fín de semana onde se tratan diferente temas relacionados fundamentalmente coa educación, tempo libre, psicoloxía...
- Formación on line: A plataforma de teleformación permite que as persoas interesadas poidan aprender segundo o seu horario llo permita, tendo sempre un/unha tutor/a de referencia para as posibles dúbidas que poidan xurdir. (Proximamente).
Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013