A palabra intervención caracterízase pola pluralidade de connotacións que ten. De feito, se a buscamos no "Diccionario de uso del español" (Moliner, 1994) atoparemos que entre outras, unha das súas acepcións é a de participar ou tomar parte .
Este é o xeito no que Andaravío entende a intervención social, como forma de actuación xunto con outros/as en certos ámbitos de actividade.
A través das accións englobadas neste apartado, pretendemos:
Coñecer as necesidades específicas dos colectivos destinatarios.
-
Promover cambios duraderos que melloren a calidade de vida das persoas participantes.
En Andaravío deseñamos e desenvolvemos programas de intervención social dirixidos tanto a mellorar a calidade de vida dos colectivos destinatarios, como a previr (de xeito primario e/ou secundario), e detectar situacións de risco ou exclusión social.
Sinalamos a continuación algúns dos programas que desenvolvemos
INTERVENCIÓN SOCIOCULTURAL: Incluimos neste apartado aquelas accións dirixidas a promover o desenvolvemento dunha comunidade ou colectivo mediante a participación activa dos seus membros.
Programas de animación sociocultural
Programas de Educación Ambiental
Programas de prevención da violencia de xénero
Actividades de alfabetización dixital: dirixidas a distintos grupos de idade.
-
Actividades dirixidas á terceira idade:
Obradoiros de Estimulación Cognitiva
Obradoiros de Memoria
-
Programas de Envellecemento Activo
INTERVENCIÓN SOCIOSANITARIA: Dentro deste apartado incluímos aqueles programas dirixidos a abordaxe preventiva de diferentes aspectos relacionados coa saude.
Programas de Educación sexual
Programas de prevención de VIH
INTERVENCIÓN PSICOSOCIAL
Programas de resolución de conflitos
Programas de prevención da violencia entre iguais.
Aviso Legal. Todos os dereitos reservados. Andaravio 2013