A FORMA DE TRABALLO que do equipo de Andaravío, caracterízase por dous aspectos complementarios:
-
Por unha banda, apostamos pola participación e implicación das persoas ou colectivos aos que van dirixidas as accións, promovendo que sexan os protagonistas das accións desenvoltas.
Por outra, a nosa metodoloxía está centrada no cliente, atendendo en todo momento ás súas demandas e necesidades, e prestando especial atención aos pequenos detalles que aportan calidade aos traballos desenvoltos.
Os OBXECTIVOS que nos formulamos cando planificamos un proxecto son entre outros:
-
Traballar para desenvolver as potencialidades individuais.
Desenvolver valores fundamentais de convivencia e coeducación en todas as nosas accións.
-
Fomentar a creatividade e a expresión (nas súas diferentes vertentes) a través dunha metodoloxía lúdica.
Potenciar a participación de xeito activo e involucración das persoas participantes nas actividades, otorgándolles o protagonismo.
Naquelas actividades que teñen un caracter formativo, incluimos o seguinte obxectivo:
-
Promover a ensinanza orientada á acción, facendo que as persoas participantes perciban o proceso como algo interactivo e dinámico.
Estes obxectivos están formulados en relación aos valores que rexen a nosa forma de traballo e que son, entre outros:
-
Dinamismo, acción, innovación e motivación polo noso traballo.
Calidade das accións que desenvolvemos.
-
Diálogo e comunicación bidireccional constante.